Mostrando entradas con la etiqueta Saídas didácticas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Saídas didácticas. Mostrar todas las entradas

1/3/20

DON JUAN TENORIO

O venres 27 de febreiro o alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu a unha representación teatral no Teatro Salesianos de Vigo. Os tres actores e a actriz deleitaron aos rapaces cunha magnífica actuación da obra "Don Juan Tenorio" de Zorrilla.




29/3/18

SAÍDA AO TEATRO

O pasado día 12 de marzo o alumnado de 1º e de 2º de ESO asistiu á representación de "La Isla del Tesoro", baseada na novela de R. L. Stevenson na sala teatral dos Salesianos en Vigo. A participación do alumnado foi masiva e entusiasta e desfrutaron do traballo dos actores.







O alumnado de 3º, 4º de ESO e 1º BACH asistiu o 2 de marzo a unha obra de teatro de Miguel de Cervantes titulada "Novelas Ejemplares" no teatro Salesianos de Vigo. A actuación dos actores foi extraordinaria, incluso algúns alumnos actuaron nun momento da representación.


7/12/17

SAÍDA AO CINE

O alumnado de PMAR, FP básica e Club de Lectura do noso centro foron ao cine a ver o filme Wonder




A experiencia resultou fantástica. Aos alumnos encantoulles a película, incluso algúns emocionáronse e botaron algunha bágoa. Todos querían volver outro día a ver outra película.

Aquí vos deixo algunhas fotos.





17/11/17

VISITA A VIGO

Os alumnos do Club de Lectura e máis os de 3º da ESO do noso instituto visitaron o Museo do Mar de Vigo para contemplar o Pergamiño Vindel, un documento que contén as sete cantigas de Martin Codax e que está en moi bo estado de conservación.  Foi unha experiencia moi positiva e enriquecedora para todos.

Nesta foto os alumnos do Club deLectura posan diante do Museo do Mar

 Os alumnos de 3º de ESO esperan antes de entrar no museo.

Xa dentro do  museo, reciben as explicacións do guía referidas ao contexto histórico do século XII


 O guía experimenta cos alumnos algunhas "técnicas quirúrxicas" utilizadas na Idade Media. Algúns pasaron un pouco de medo.
Aquí dúas rapazas son "operadas" cun bisturí da época.

Dous alumnos son sangrados con sanguixuelas (menos mal que eran de goma) 

 

Outra guía explícanos o Pergamiño Vindel. Os alumnos están moi atentos.

Aquí temos o propósito da nosa viaxe: O Pergamiño Vindel "en vivo e en directo". 



 Antes de regresar ao instituto, visitamos o acuario.


4/6/17

O PRINCIPIÑO

Continuamos a desfrutar e a aprender co libro O Principiño. Desta volta o departamento de francés expón na biblioteca todo o traballo realizado durante este curso: lecturas, visitas, elaboración de carteis, etc. Parabéns!





7/4/17

Excusión a Pontevedra

Unha pequena mostra  da excursión a Pontevedra: presentación da excursión na biblioteca do IES Pazo da Mercé, e xa en Pontevedra visita á Biblioteca Pública, ó Salón do Libro, á sala Castelao do Museo e roteiro por Pontevedra.
Máis información na  web do centro 





24/6/14

Cando Julio Verne amarrou en Vigo

Visita á illa de San Simón

É unha actividade conxunta entre o club de lectura do IES Luis Seoane de Pontevedra  e o noso , os dous centros UNESCO. Para preparar esta visita nos dous clubes  leuse o libro " Cando Verne amarrou en Vigo" como  pode verse no noso Club de lectura.
 

21/5/14

Visita á Casa Museo Emilia Pardo Bazán e ao Museo de Belas Artes

Dentro do programa "Donas de si" puidemos realizar una interesante visita á Casa Museo Emilia Pardo Bazán e ao Museo de Belas Artes de A Coruña.
 
Na Casa Museo Emilia Pardo Bazán  explicáronnos con  paixón os moitos motivos polos que esta muller se distingue no medio dos seus contemporáneos. A súa foi unha vida rica, aderezada de traballo e estudo, de participación e protagonismo na vida pública, profesional e persoal.
 
No Museo de Belas Artes tivemos una visita guiada pola exposición "As mulleres do museo"desde unha perspectiva non tradicional, vendo como foi representada a muller na arte a través do tempo. Tamén reflexionamos sobre a dificultade histórica que as mulleres tiveron á hora de acadar o status de artistas.
Agradecemos a tod@s  esta oportunidade xa que unha vez máis foi un percorrido polas vivencias de moitas mulleres que foron pioneiras no seu tempo e que deron  grandes pasos a prol da igualdade.
Seguro que repetiremos!