O mércores 30 de maio recibimos a visita do escritor Manuel Lourenzo González. O alumnado de 2º de ESO asistiu a unha charla sobre os libros Flor de area e Irmán do vento. Estiveron encantados co autor e este asinou os seus libros.
Mostrando entradas con la etiqueta Alumn@s. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alumn@s. Mostrar todas las entradas
31/5/18
27/4/17
VISITA DE LEDICIA COSTAS
Por fin chegou o día. Despois de ler os seus libros e elaborar carteis e
debuxos baseados nas súas portadas, Ledicia visitounos e pasamos un
rato estupendo. Aquí tedes un vídeos cos mellores momentos.
Aquí a Ledicia léndonos un anaquiño do seu libro
E aquí contándonos unha anécdota moi divertida
Aquí a Ledicia léndonos un anaquiño do seu libro
E aquí contándonos unha anécdota moi divertida
7/4/17
Excusión a Pontevedra
Unha pequena mostra da excursión a Pontevedra: presentación da excursión na biblioteca do IES Pazo da Mercé, e xa en Pontevedra visita á Biblioteca Pública, ó Salón do Libro, á sala Castelao do Museo e roteiro por Pontevedra.
Máis información na web do centro
Máis información na web do centro
15/2/17
14/2/17
25/1/17
Lectura teatralizada
Na hora de lectura do segundo trimestre o alumnado estivo desfrutando da lectura teatralizada da obra "O achado do castro" de Manuel Núñez Singala.
O autor lévanos á Roma antiga, mais faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas dende un "latín" un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e... unha historia de amor. Humor, situacións inauditas e, sobre todo, unha lectura engaiolante.
Tamén o podes atopar en:
20/12/16
16/12/16
Felices lecturas!
Unha vez máis, celebramos con grande éxito o mercado de libros de segunda man "Nadal de libros" , unha oportunidade de levar libros para toda a familia por un prezo simbólico.
Unha boa selección de libros e revistas do expurgo da nosa biblioteca e desta vez contamos tamén cunha chea de libros aportados polo alumnado.
Moitas grazas a todas/os por colaborar!
Felices lecturas!
9/12/16
7/12/16
8/6/16
Xornada Atlántica no "Bosque de Colón"en Poio
O bosque se sequoias do monte Castrove, en Poio,tamén chamado o "Bosque de Colón" é a maior prantación se sequoias de Europa, 500 exemplares traídos dende California e prantados no ano 1992 para a celebración do V Centenario do descubrimento de América.
Nesta xuntanza, organizada polas escolas asociadas á UNESCO, das que formamos parte, o alumnado de 3º de ESO tivo a oportunidade de realizar xogos ambientais e unha intervención artística interaccionando coa natureza para representar a amizade transoceánica
27/5/16
Día europeo dos Mercados e Prazas de Abastos
Na véspera do Día dos Mercados e Prazas de Abastos fixemos unha visita ao Mercado Municipal e o noso alumnado levou as conclusións do estudo realizado nas semanas anteriores e tamén as súas propostas ao Concello de As Neves nas cartulinas que quedaron expostas.
Alí compartimos a sesión co alumnado do colexio
e da unitaria de Rubiós.
14/5/16
Eu fun ao mercado...
O alumnado de INEIN de 1º de ESO continúa co traballo de campo sobre os mercados tradicionais dentro da campaña "Quere o teu mercado" do Concello de As Neves. O venres 27 expoñerán os seus traballos.
12/5/16
Poemas de Manuel María en Yogote
Poema con acompañamento en linguaxe de signos internacionais (Yogote) do noso alumnado de INEIN de 1º de ESO
E aquí recollemos outro poema dos compañeiros de Campolongo
10/5/16
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







































