Mostrando entradas con la etiqueta Actividades UNESCO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades UNESCO. Mostrar todas las entradas

5/4/18

Exposición "As Neves zona 0"

No mes de outubro, o noso concello sufriu un dos maiores incendios de Galicia e a nosa contorna resultou afectada nun 90%, incluso parte da finca do noso centro. Iso foi o motivo que nos levou a recompilar información de todo o sucedido, noticias de prensa, fotografías e as impresións do alumnado.Todo iso está recollido nesta exposición que nos leva a "Aprender a pensar", a reflexionar e a promover unha maior concienciación ambiental no contexto escolar. 
Este traballo foi realizado polo alumnado de Investigación e tratamento da información de 1º de ESO, alumnado de 2º de ESO das materias de Oratoria e Programación e por alumnado de FP Básica 1 do módulo Comunicación e sociedade.
Ademáis, no mes de marzo, foi presentado en Pontevedra no congreso de alumnado das Escolas de Galicia asociadas á UNESCO.Imaxe

6/2/17

Visita á exposición "O Principiño arredor do mundo"

O alumnado de 1º de ESO visita a exposición  "O Principiño arredor do mundo"  no CEP Carlos Casares de Alxén (Salvaterra de Miño).


Esta exposición forma parte da colección privada do escritor que, dende principios dos anos 70, comezou a traducir a mencionada obra ao galego para a editorial Galaxia. A súa afección polo libro de Antoine de Saint-Exupéry moveuno a coleccionar O Principiño en todas as linguas do mundo. No momento da súa morte, Carlos Casares tiña na súa colección máis de 100 volumes de distintas edicións de Le petit Prince en linguas xermánicas, eslavas, románicas, escandinavas e mesmo orientais. Ademais de contar coa obra nas linguas da Península Ibérica (galego, portugués, castelán, vasco e catalán) tiña tamén obras en aragonés, asturiano ou estremeño. A colección recolle tamén edicións únicas ou raras de linguas minoritarias, algunhas de mediados dos 70.

Un bo comezo para homenaxear a Carlos Casares, o  autor que fixo a traducción desta obra ao galego e que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

8/6/16

Xornada Atlántica no "Bosque de Colón"en Poio

O bosque se sequoias do monte Castrove, en Poio,tamén chamado o "Bosque de Colón" é a maior prantación se sequoias de Europa, 500 exemplares traídos dende California e prantados no ano 1992 para a celebración do V Centenario do descubrimento de América.

Nesta xuntanza, organizada polas escolas asociadas á UNESCO, das que formamos parte, o alumnado de 3º de ESO tivo a oportunidade de realizar xogos ambientais e unha intervención artística interaccionando coa natureza para representar a amizade transoceánica
.

27/5/16

Día europeo dos Mercados e Prazas de Abastos

Na véspera do Día dos Mercados e Prazas de Abastos fixemos unha visita ao Mercado Municipal e o noso alumnado levou as  conclusións do estudo realizado nas semanas anteriores e tamén as súas  propostas  ao Concello de As Neves nas cartulinas que quedaron expostas.



Alí compartimos  a sesión co alumnado do colexio
 e da unitaria de Rubiós.

14/5/16

Eu fun ao mercado...

O alumnado de  INEIN de 1º de ESO continúa co traballo de campo sobre os mercados tradicionais dentro da campaña "Quere o teu mercado" do Concello de As Neves. O venres 27 expoñerán os seus traballos.
.

12/5/16

Poemas de Manuel María en Yogote

Poema con acompañamento en linguaxe de signos internacionais (Yogote) do noso alumnado de INEIN de 1º de ESO

E aquí recollemos outro poema dos compañeiros de Campolongo

14/4/16

Actividades UNESCO

O noso instituto, como Escola asociada á UNESCO, este venres 15 de abril contou coa visita da coordinadora galega Luisa Márquez. Durante o recreo, en Usos Múltiples, lembramos algunhas das moitas actividades que se levaron a cabo no centro e nos diferentes encontros con outras escolas asociadas de Galicia e Portugal durante os últimos anos.
Deixamos aquí algúns videos ben emotivos, non os perdades!

A voz do alumnado on PhotoPeach

27/2/16

Participación nos VI Encontros das Escolas de Galiza asociadas á UNESCO

VI ENCONTROS DAS ESCOLAS DE GALIZA ASOCIADAS Á UNESCO PONTEVEDRA 2016 on PhotoPeach

Para ver os traballos presentados polos diferentes centros preme na seguinte imaxe