No mes de outubro, o noso concello sufriu un dos maiores incendios de Galicia e a nosa contorna resultou afectada nun 90%, incluso parte da finca do noso centro. Iso foi o motivo que nos levou a recompilar información de todo o sucedido, noticias de prensa, fotografías e as impresións do alumnado.Todo iso está recollido nesta exposición que nos leva a "Aprender a pensar", a reflexionar e a promover unha maior concienciación ambiental no contexto escolar.
Este traballo foi realizado polo alumnado de Investigación e tratamento da información de 1º de ESO, alumnado de 2º de ESO das materias de Oratoria e Programación e por alumnado de FP Básica 1 do módulo Comunicación e sociedade.
Ademáis, no mes de marzo, foi presentado en Pontevedra no congreso de alumnado das Escolas de Galicia asociadas á UNESCO.

















