Mostrando entradas con la etiqueta Efemérides literatura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Efemérides literatura. Mostrar todas las entradas

24/3/17

Miguel Hernández, un canto á vida e á liberdade

A comisión de Cultura do Congreso dos diputados declarou o ano 2017 como "O ano de Miguel Hernández" e por iso se están celebrando diferentes actos para lembrar a súa vida e obra, especialmente nesta semana na que se celebra o Día da Poesía e dado que  o próximo 28 de marzo cúmprese o  75 aniversario da súa morte. 

Para coñecer mellor o legado de Miguel Hernández,dramaturgo que cantou á vida e a liberdade, podemos visitar a web Poemas del Alma ou escoitar algúns dos seus poemas na voz de J.M. Serrat ou de Paco Damas que acaba de reeditar o disco "Tristes guerras"xunto con outros artistas colaboradores.


18/4/16

20/4/15

Actividades "Do Libro ás Letras"

Comezamos a semana coa exposición "Libros para ver e ler", unha exposición  de libros ilustrados de ciencia, natureza, cultura clásica, cine, fotografía...

E para veres máis  actividades entra aquí







21/2/15

Propostas para o Día de Rosalía

Unha visita á Fundación e Casa Museo Rosalía de Castro, na que podemos atopar información sobre Rosalía e varias iniciativas para este día en  moitos lugares de Galicia e mesmo en Portugal.
Tamén podemos ler algúns poemas en diferentes linguas do mundo, xa que Rosalía é  mundial.
Alumnos/as de 2º de ESO traballando "Adieu rivières, adieu fontaines"



24/4/14

Premio Cervantes para a escritora mexicana Elena Poniatowska

"Antes de empezar, solo quería recordar a Gabriel García Márquez. Antes de él, nuestro querido Gabo, éramos los condenados de la tierra. Soy la cuarta mujer en recibir el Cervantes», ha dicho Poniatowska nada más comenzar su discurso, para después rendir homenaje a las «Mujeres de Cervantes», María Zambrano, Ana María Matute y Dulce María Loynaz. «Muchos dioses me han protegido, porque en México hay un Dios bajo cada piedra. Contamos con un Dios para cada cosa y no con uno solo que tan ocupado puede equivocarse. Del otro lado del océano, Sor Juana Inés de la Cruz supo desde el primer momento que la única batalla que vale la pena es la del conocimiento».
Máis información aquí
 

25/1/14

Unha lembranza para Virginia Wolf

O 25 de xaneiro de 1882 nacía Virgina Wolf, una das mellores escritoras inglesas do século XX e unha feminista destacada. Tivo unha vida difícil e un final tráxico, pero deixounos grandes obras como "Unha habitación propia" que se pode ler aquí ou descargar en PDF.
 
 

29/11/13

O universo de Marcel Proust

Centenario de "En busca do tempo perdido" de Marcel Proust



 Podes ver un documental sobre o autor e o seu tempo

 
                     

Podes ler o libro ou descargalo en PDF. Pica aquí

A obra está dividida en tres partes. Na primeira, Combray, o narrador, que cabe identificar con Proust, describe en primeira persoa a súa infancia e as súas estancias no pobo do seu pai. O celebrado comezo da novela «Moito tempo estiven deitándome cedo...», leva ao protagonista ao recordo e á memoria dos primeiros anos da súa vida, ás noites de verán en que, deitado, esperaba o bico da súa nai antes de durmir, necesario para conciliar o soño; as visitas aos seus pais, entre outros de Swann, persoa culta e refinada, que se namora dunha muller elegante e de vida disipada, Odette; da duquesa de Guermantes, un dos amores platónicos do protagonista, xunto con Giliberta, e Albertina.
A madalena
Parágrafo de culto é aquel en o que o protagonista molla unha madalena en té e, nese instante, recobra a memoria da infancia e as súas vivencias a través das sensacións, emocións, sabores, cheiros, afectos que perduran vivos, inmateriais, perdidos os seus soportes materiais. A través do mundo exterior -a madalena- o protagonista rememora o mundo interior da súa nenez e recupera o tempo perdido.
O protagonista reconstrúe o tempo, a través da arte, unha pintura, unha obra musical, e rememora o tempo interior, na mirada do tempo exterior, un cadro ou un rostro envellecido. A arte por encima da paixón amorosa, perecedoira, enfermiza, paralizante ata o encantamento. E na arte o que importa é o subxectivo, o singular, a impresión que no momento capta ou transmite a sensibilidade do artista. Só a través da arte e da memoria, voluntaria ou involuntaria, ése capaz de recobrar o tempo perdido e vivilo na súa plenitude, fronte ao tempo presente, creativo pero fugaz, que non nos permite captar todos os sentimentos e emocións que se producen.
Na segunda parte, Un amor de Swann , nárranse as relacións tormentosas e ilusionantes entre Swann e Odette; e na terceira, Nomes de terras: o nome , relátase a relación adolescente entre o narrador e Giliberta Swann.

Interesante documentación no seguinte enlace:
http://elpais.com/tag/marcel_proust/a/

5/11/13

Centenario do nacememento de Albert Camus


O 7 de novembro de 1913 nacía en Arxelia o novelista, ensaista, dramaturgo, filósofo e periodista francés Albert Camus.


Na súa variada obra desenvolveu un humanismo fundado na conciencia do absurdo da condición humana. En 1957 recibiu o Premio Nobel de Literatura.
 

Entre as súas obras principais destaca "L´étranger" , novela na que se describen as vicisitudes dun individuo incapaz de amosar sentimentos ou de  crear unha moral acorde entre a razón-sensación-emoción e que reacciona sin razón nen motivo aparente.


Nunca deixou de loitar contra todas as ideoloxías que arredran ao home da condición humana.

Para saber máis:

http://es.wikipedia.org/wiki/Albert_Camus
http://www.semana.com/cultura/articulo/albert-camus-centenario/362277-3

4/4/13

O PRINCIPIÑO CUMPRE 70 ANOS

O día 6 de abril o Principiño cumpre 70 anos. Parabéns!!!
O Principiño (en francés Le Petit Prince), publicado en 1943, é a novela máis famosa do aviador francés Antoine de Saint-Exupéry, que escribiu mentres se hospedaba nun hotel de Nova York.
O Principiño foi traducido a 180 linguas e dialectos. E tamén acaba de saír en braille.






Se queres, podes lelo en galego, grazas á traducción do escritor Carlos Casares, quen conseguiu reunir máis dun cento de exemplares do Principiño publicados en diferentes linguas.
 Carlos Casares