Mostrando entradas con la etiqueta Poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Poesía. Mostrar todas las entradas

23/4/19

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril é o Día do Libro e no noso instituto celebrámolo cun acto moi especial:
Entregamos os premios aos dous gañadores do Concurso de Poesía:
Nerea Álvarez de 2º ESO A e Miguel Ángel Martínez de 3º ESO B
A súa compañeira Elena leu os dous poemas seleccionados.
A continuación podedes ler os poemas gañadores.

Poema de Nerea Álvarez                                                       2º ESO A

Unha noite escura e fría
chea de dor,
unha nena solitaria
busca cariño e amor,
metida nun recuncho
escoita a xente falar,
pero solo desprenden odio e rencor.
A nena volve a casa,
onde está a súa familia
que lle dan ese amor
                               que chega ao seu corazón.

Poema de Miguel Ángel Martínez                                   3º ESO B

Unha aldea case desaparecida
moi pequeña e oculta
no medio dunha cima,
chea de flores do máis extensa.

Nela hai catro vellos
que ven pasar o tempo
e viran morrer moitos
que xa foron para o cemiterio.

Pensan que lles queda tempo
aínda que chega o seu momento,
vendo os seus fermosos campos
e enchendo de beleza os ollos.

Esperan a chegada da xente nova
para que a aldea teña vida.
Pero os novos non chegan
                              e os vellos desesperan

Despois proxectamos os vídeos con fragmentos de "El Quijote"gravados polo alumnado de PMAR.





31/5/18

PRIMAVERA POÉTICA

O día 21 de marzo celebrábase o Día da Poesía. No noso Instituto decidimos conmemorar esta data durante toda a primavera, por ese motivo, o noso alumnado en colaboración con varias profesoras participaron en distintas actividades: elaboración dun vídeo con poemas en galego e elaboración de murais con poemas en diferentes linguas.


Respecto as actividades podemos sinalar a elaboración de dous vídeos con recitado de poemas, un con poemas en castelán que presentamos no Día do Libro e outro con poemas do libro de María Victoria Moreno Elexías da luz, que presentamos o Día das Letras Galegas.

Os murais, elaborados polo alumnado, conteñen poemas en castelán, galego e francés.



O alumnado de FPB1 tamén elaboraron murais cun poema do escritor chileno Pablo Neruda e outro do escritor sevillano Gustavo Adolfo Bécquer.

 Nestes outros murais atopamos pensamentos positivos sobre as persoas.

 Os alumnos de 2º PMAR compuseron este acróstico. Quedoulles fantástico.






22/5/18

RECITADO DE POEMAS DE MARÍA VICTORIA MORENO

No noso Instituto queremos homenaxear a María Victoria Moreno, por iso algúns alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO gravaron un vídeo recitando poemas do libro "Elexías da luz".
Tamén fixemos unha exposición sobre a autora.


23/4/18

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

O luns 23 de abril celebramos na nosa biblioteca o Día do Libro cun acto moi especial:
Entregamos os premios aos gañadores do Concurso de Book Trailer e visionamos o vídeo gañador: Hopeless da autora Colleen Hoover. Aquí o podemos ver.
 
Os alumnos gañadores posando para a cámara.

Tamén presentamos un vídeo de recitado de poemas elaborado por alumnado de 3º e 4º de ESO.

Os alumnos esperando a que comece o acto.

Aquí están moi atentos escoitando e vendo os vídeos dos seus compañeiros.

10/12/17

NO NOSO INSTITUTO GÚSTANOS A POESÍA

A biblioteca do noso centro adquiriu, a peticións dos alumnos, algúns libros de poesía dos autores favoritos dos adolescentes.










24/3/17

Miguel Hernández, un canto á vida e á liberdade

A comisión de Cultura do Congreso dos diputados declarou o ano 2017 como "O ano de Miguel Hernández" e por iso se están celebrando diferentes actos para lembrar a súa vida e obra, especialmente nesta semana na que se celebra o Día da Poesía e dado que  o próximo 28 de marzo cúmprese o  75 aniversario da súa morte. 

Para coñecer mellor o legado de Miguel Hernández,dramaturgo que cantou á vida e a liberdade, podemos visitar a web Poemas del Alma ou escoitar algúns dos seus poemas na voz de J.M. Serrat ou de Paco Damas que acaba de reeditar o disco "Tristes guerras"xunto con outros artistas colaboradores.


5/1/16

Mario Benedetti


Lluvia

La lluvia está cansada de llover
yo/cansado de verla en mi ventana
es como si lavara las promesas
y el goce de vivir y la esperanza.

La lluvia que acribilla los silencios
es un telón sin tiempo y sin colores
y a tal punto oscurece los espacios
que puede confundirse con la noche.

Ojalá que el sagrado manantial
aburrido suspenda el manso riego
y gracias a la brisa nos sequemos
a la espera del próximo aguacero.


Lo extraño es que no sólo llueve afuera,
otra lluvia enigmática y sin agua
nos toma de sorpresa/y de sorpresa
llueve en el corazón/llueve en el alma.




17/3/15

Poesía sen fronteiras


Cultivo una rosa blanca
en junio como en enero
para el amigo sincero
que me da su mano franca.

Y para el cruel que me arranca
el corazón con que vivo,
cardo ni ortiga cultivo;
cultivo la rosa blanca.
José Martí 
                en Poemas del alma

16/3/15

Xogando coa poesía

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía e nós queremos celebralo de forma lúdica e compartida. Pero para iso, precisamos da túa creatividade!
Temos dous concursos de poesía e podes presentar  as túas obras nas diferentes linguas que se estudan no centro e entregalas na biblioteca para a fase de concurso-exposición!

Lembras a última exposición de caligramas?

22/2/15

Nós tamén somos Rosalía!

Ao longo da semana
- Expo Rosalía.
- Cada usuario/a que leve en préstamo un libro en galego 
recibirá un agasallo da biblioteca.
- Entrega do carné ao alumnado “Voluntariado Bibliotic”.
No recreo do martes 24 de febreiro
- Lectura de poemas polo alumnado voluntario.
- Foto ou selfie coa imaxe ou cun libro de Rosalía.
- Poemas musicados de Rosalía.


Videos

Najla Shami - Na lingua que eu falo