Hoxe é o Día da Poesía. Neste momento non podemos celebralo co alumnado no noso instituto pero quixera retomar a celebración do Día de Rosalía xa que algúns alumnos e alumnas obsequiaron aos seus compañeiros e profesores cunhas flores de papel acompañadas dun poema feminista de Rosalía. A continuación escribo aquí o poema que me regalaron a min.
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Poesía. Mostrar todas las entradas
21/3/20
21/3/19
DÍA DA POESÍA, 21 DE MARZO
A Biblioteca conmemorou o Día da Poesía cun vídeo onde alumnado de 3º de ESO leu o poema de Rosalía de Castro "Adios Ríos, Adios Fontes". A continuación podedes escoitalo.
O que pretendemos foi relacionar a Poesía coa Natureza dentro do proxecto "O Monte nace na Escola". Escollemos un poema de Rosalía como homenaxe a poetisa que da nome a nosa Biblioteca.
Tamén organizamos unha exposición con libros de poesía.
Tamén organizamos unha exposición con libros de poesía.
Ademais o alumnado expuso nas ventás da Biblioteca os carteis que estiveron elaborando para celebrar este día tan especial.
20/3/19
O MONTE NACE NA ESCOLA
O alumnado de 1º de ESO participou hoxe nunha actividade ao aire libre onde quixemos unir o Proxecto "O Monte nace na Escola" e o Día da Poesía que se celebra mañá. Foi moi fermoso combinar a poesía e a natureza.
En primeiro lugar, os rapaces e rapazas achegaronse ao Camelio e Xana, unha alumna de 1º de ESO B, recitou un poema escrito por ela.
19/3/19
PREPARACIÓN DO DÍA DA POESÍA
O próximo 21 de marzo celebraremos o Día da Poesía. O alumnado de 3º de PMAR preparou unha exposición para celebrar esa importante efeméride. Copiaron as súas poesías favoritas e as pegaron en cartolinas para colocalas na Biblioteca. Aquí podedes ver algunhas fotos do alumnado traballando.
Tamén prepararon un vídeo lendo o poema de Rosalía de Castro "Adeus ríos, Adeus fontes". A continuación podedes ver fotografías da gravación.
17/2/19
CONCURSO DE POESÍA
BASES
CONCURSO DE POESÍA
Co motivo do Día da Poesía que se
celebra o día 21 de marzo, a Biblioteca Rosalía de Castro do Ies Pazo da Mercé
organiza un Concurso de Poesía coas seguintes bases:
1: Participantes:
·
Poderán participar todo o alumnado do
Centro Ies Pazo da Mercé.
2: Tema:
·
A poesía será en galego.
·
O tema será libre.
3: Características da Poesía:
·
Os poemas deberán presentarse escritos a
man, en folio DIN-A4 por unha cara. Deberán ter boa presentación, boa
caligrafía e non ter faltas de ortografía.
·
Deben levar o nome, apelidos e curso do
alumno/a.
·
O alumnado pode presentar un ou varios
poemas.
4: Lugar de entrega e prazos:
· Os poemas entregaranse na Biblioteca
durante calquera recreo.
·
A data límite de entrega dos traballos
será o 21 de marzo, o Día da Poesía.
5: Xurado:
· O xurado estará composto polos membros
do Equipo da Biblioteca, presidido pola
Coordinadora, dona Montserrat Santos Barroso.
·
O resultado do concurso darase a coñecer
na Biblioteca, o martes, 23 de abril, Día do Libro na hora do recreo.
6: Premios:
·
O alumno/a gañador/a recibirá un libro e
material escolar.
16/3/15
Xogando coa poesía
O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía e nós queremos celebralo de forma lúdica e compartida. Pero para iso, precisamos da túa creatividade!
Temos dous concursos de poesía e podes presentar as túas obras nas diferentes linguas que se estudan no centro e entregalas na biblioteca para a fase de concurso-exposición!
Lembras a última exposición de caligramas?
3/4/13
Selección de poemas para o Día da Poesía
A continuación vos presentamos os poemas que escollemos para celebrar o Día da Poesía durante a "Hora de lectura" semanal
E tamén uns enlaces a poemas musicados:
Felices versos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


































