Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía de Castro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía de Castro. Mostrar todas las entradas

21/3/20

DÍA DA POESÍA

Hoxe é o Día da Poesía. Neste momento non podemos celebralo co alumnado no noso instituto pero quixera retomar a celebración do Día de Rosalía xa que algúns alumnos e alumnas obsequiaron aos seus compañeiros e profesores cunhas flores de papel acompañadas dun poema feminista de Rosalía. A continuación escribo aquí o poema que me regalaron a min.

Ladraban contra min, que camiñaba
      casi que sin alento,
sin poder co meu fondo pensamento
i a pezoña mortal que en min levaba.
      I a xente que topaba,
      ollándome a mantenta,
do meu dor sin igual i a miña afrenta,
      traidora se mofaba.
I eso que nada máis que a adiviñaba.
      «Si a souperan, ¡Dios mío!,
-penséi tembrando-, contra min volvera
       a corrente do río».
Buscando o abrigo dos máis altos muros,
      nos camiños desertos,
ensangrentando os pés nos seixos duros,
fun chegando ó lugar dos meus cariños,
maxinando espantada: «Os meus meniños
      ¿estarán xa despertos?
¡Ai, que ó verme chegar tan maltratada,
chorosa, sin alento e ensangrentada,
darán en se afrixir, malpocadiños,
    por súa nai mal fadada!».
Pouco a pouco fun indo,
i as escaleiras  con temor subindo,
co triste corazón sobresaltado.
¡Escoitéi...! Nin as moscas rebullían.
No berce inda os meus ánxeles dormían,
ca Virxen ó seu lado.




11/4/17

Celebrando o día de Rosalía

O 13 de marzo celebramos cun pouco de retraso o día de Rosalía no noso instituto. O equipo da biblioteca xunto co departamento de galego organizou un acto conmemorativo, e pasamos unha tarde moi divertida recordando a Rosalía. Proxectouse un vídeo sobre a súa vida, o alumnado de 2º de Bacharelato falaunos do feminismo na súa obra, o de 3º de ESO elaborou video-poemas, os do club de lectura recitáronnos Adiós ríos, adiós fontes e finalmente cantamos todos xuntos con Astarot.






21/2/16

Semana de Rosalía 2016

- Exposición mural sobre vida e obra.

-          Exposición bibliográfica.

-    Durante a semana “un libro e unha flor” cos empréstimos da biblio.

       Recreo do mércores 24:

o   Lecturas compartidas na biblioteca.


BASES DO CONCURSO E FOLLETOS DE PARTICIPACIÓN NA BIBLIOTECA






21/2/15

Propostas para o Día de Rosalía

Unha visita á Fundación e Casa Museo Rosalía de Castro, na que podemos atopar información sobre Rosalía e varias iniciativas para este día en  moitos lugares de Galicia e mesmo en Portugal.
Tamén podemos ler algúns poemas en diferentes linguas do mundo, xa que Rosalía é  mundial.
Alumnos/as de 2º de ESO traballando "Adieu rivières, adieu fontaines"



21/2/14

Rosalía é mundial

No Día Internacional da Lingua Materna declarado pola UNESCO no ano 2000, presentamos o cartaz de Rosalía elaborado pol@s alumn@s de 4º de ESO.



 

Ao mesmo tempo temos unha exposición do poema "Adiós ríos, adiós fontes" en diferentes linguas que serán lidos no recreo do luns.

Para ver as traduccións visita a Fundación Rosalía de Castro

 

 
Programa de actividades para a "Semana de Rosalía"no blog do Equipo de Dinamización
 

20/2/14

Poemas musicados de Rosalía de Castro

Najla Shami canta a Rosalía Castro Na lingua que elas falan, na lingua que falamos e que queremos seguir falando. Cancións dunha elegancia feliz. Músicas que son coma un tremor rosaliano. Actualización da poeta ao século XXI. E a voz de Najla Shami, desde a profundidade dun dicir e dun cantar ás veces delicado, ásveces profundo. Sempre suxestivo."Na lingua que eu falo"é un agasallo para os corazóns. Cada canción, un latexo. Rosalía pentagramada en aires novos.
 


2/3/13

O 22 de febreiro foi o día grande adicado a Rosalía. @s nosos alumn@s puxeron toda a emoción, demostrando que Rosalía está máis viva ca nunca. Parabéns a tod@s!