Mostrando entradas con la etiqueta Cultura galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cultura galega. Mostrar todas las entradas

22/5/18

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

No Instituto Pazo da Mercé de As Neves, celebramos o día das Letras Galegas con varios actos e actividades:

O luns 14 de maio o alumnado e profesorado do noso Instituto asistiu a presentación do documental "Polas bravas" e a unha charla coloquio coa directora. A temática era o desenrolo e promoción do rural galego.
A profesora de Educación Plástica propuxo a algúns alumnos e alumnas do noso centro un traballo artístico moi especial, tiñan que pintan o que sentían cando escoitaban algunhas cancións galegas. A experiencia foi moi positiva.

O martes 15 de maio asistimos a un "Concerto didáctico sobre o Pergamiño Vindel" no auditorio do concello. A cantante foi a soprano polaca Paulina Ceremuzynska.

O mércores 16 de maio o alumnado de 1º da ESO e algúns rapaces e rapaces doutros cursos participaron no "Correlingua". Aquí podedes ver un vídeo da actuación do grupo musical "Espantaxabaríns" formado por alumnos e alumnas do noso instituto que deleitaron ao público asistente.  
O resto do alumnado e profesorado achegámonos á praza do concello de As Neves para celebrar o día das Letras Galegas co colexio de primaria. Foi unha experiencia moi bonita. O programa de actividades foi o seguinte:
En primeiro lugar, os alumnado e profesorado do noso instituto xuntámonos diante do concello cos rapaces e rapazas do colexio.
Despois comezaron os actos de homenaxe a María Victoria Moreno, a persoa a que se lle adica este día tan especial.
A xefa de estudos do noso centro presentou o acto.
Dous alumnos e dúas alumnas leron un manifesto en defensa da lingua galega.
Algúns alumnos recitaron poemas do libro de María Victoria Moreno "Elexías de luz".
Mentres tanto, outros alumnos e alumnas fixeron un graffiti moi fermoso:
Tamén penduramos nun taboleiro papeis coas nosas palabras favoritas.
Neste outro taboleiro penduramos uns cartaces da homenaxeada elaborados por alumnos e alumnas de primaria.
Para rematar, proxectamos no auditorio do concello unha presentación en power point sobre a homenaxeada e visualizamos uns book trailers de libros en galego filmados polo alumnado. Aquí vos deixo un exemplo.

Neste vídeo podedes visualizar polo miúdo as actividades realizadas na praza do concello.

14/11/16

O Papagaio, unha nova revista en galego

Xa temos unha nova revista en galego, O Papagaio,con interesantes achegas de ciencia, historia,arte, cultura, tecnoloxía e banda deseñada.
Podes ler xa o primeiro número editado por Edicións Moito Conto e incluso podes ir pensando se queres participar coas túas propostas.

Preme na imaxe para ler e despois deixa un comentario no blog para sabermos se che gustou!


2/2/16

E chegou a Candeloria...


Hoxe é o 2 de febreiro, Día da Candeloria, e segundo as tradicións populares galegas a partir deste día veñen os paxaros para acasalar. En Galicia era unha festa moi celebrada  como prefacio da primavera e do renacer da natureza.
Máis información en Sermos Galiza

Ademáis en moitas culturas existe a tradición de acender candeas nas casas como símbolo de purificación e como non pode faltar a gastronomía, aquí está a sobremesa máis celebrada, as filloas, tamén un doce típico do Entroido

2/11/13

Mulleres galegas

Acaba de falecer unha galega pouco coñecida para o gran público, unha gran artista e empresaria moi importante para a historia cultural de Galicia, a viúva de Isaac Díaz Pardo.
 
 
Carme Arias de Castro Montero, Mimina, naceu o 15 de abril de 1921 na Coruña e finou o 1 de novembro de 2013 no Castro. É a terceira de catro irmás. A súa infancia transcurriu entre a Praza de María Pita e o Castro de Samoedo, onde pasaba os veráns no pazo de seu pai, don Alicio, un home profundamente conservador e católico que era moi amigo de Germán Díaz Baliño (violinista) que non tardou en decatarse do talento que tiña Mimina para a pintura. Grazas a el, a nena comeza as súas clases de debuxo e acuarela con Dolores Díaz Baliño (unha importante pintora do momento, irmá de Camilo Díaz Baliño). Xorde entón unha estreita relación de amizade entre a profesora e a alumna que levará a Mimina a tomar contacto coas novas xeracións da pintura galega e co sobriño de Dolores Díaz Baliño: Isaac Díaz Pardo, co que Mimina compartiría a súa vida despois da Guerra Civil.
O labor realizado por Mimina para levantar a Fábrica de Cerámica do Castro é esencial: da súa famila eran os terreos cedidos para a construción da mesma; dela son os primeiros deseños das porcelanas; e foi ela quen montou o taller de decoración: distintivo básico da casa.
 
 
 
Para ler a noticia completa:
http://praza.com/opinion/1428/obituario-de-mimina/

Precisamente esta triste noticia prodúcese  dous días antes da homenaxe a Isaac Díaz Pardo, no Día da Ciencia en galego (4 de novembro). Para saber algo máis deste persoeiro recomendamos o seguinte video: