Mostrando entradas con la etiqueta Obituarios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Obituarios. Mostrar todas las entradas

22/4/14

Homenaxe a Gabriel García Márquez

Homenaxe a un xenio da literatura universal.
  Gabriel García Márquez, Gabo.
Para lembrar a súa vida  e coñecer as súas obras podes dar un paseo virtual sobre esta imaxe de bolboretas amarelas que tanto significado tiñan para Gabo. E  non esquezas o relato
"Viendo llover Galicia" 
 

18/11/13

Lembrando a Doris Lessing

 

A última hora do domingo coñecíamos o pasamento de Doris Lessing, a autora de "O caderno Dourado". Coa súa norte desaparece una narradora de primeiro nivel recoñecida co Premio Nobel no ano 2007 e co premio Príncipe de Asturias no 2001.
 


Sempre destacou pola súa defensa da igualdade da muller e na loita contra toda forma de discriminación , nomeadamente en terras de Sudáfrica.

 
 
 
"O caderno dourado",  é a súa obra maestra.
Podes lelo aquí
 
 
Artigos relacionados:
 
 
 
 
 
 
 
 
 




 

 

2/11/13

Mulleres galegas

Acaba de falecer unha galega pouco coñecida para o gran público, unha gran artista e empresaria moi importante para a historia cultural de Galicia, a viúva de Isaac Díaz Pardo.
 
 
Carme Arias de Castro Montero, Mimina, naceu o 15 de abril de 1921 na Coruña e finou o 1 de novembro de 2013 no Castro. É a terceira de catro irmás. A súa infancia transcurriu entre a Praza de María Pita e o Castro de Samoedo, onde pasaba os veráns no pazo de seu pai, don Alicio, un home profundamente conservador e católico que era moi amigo de Germán Díaz Baliño (violinista) que non tardou en decatarse do talento que tiña Mimina para a pintura. Grazas a el, a nena comeza as súas clases de debuxo e acuarela con Dolores Díaz Baliño (unha importante pintora do momento, irmá de Camilo Díaz Baliño). Xorde entón unha estreita relación de amizade entre a profesora e a alumna que levará a Mimina a tomar contacto coas novas xeracións da pintura galega e co sobriño de Dolores Díaz Baliño: Isaac Díaz Pardo, co que Mimina compartiría a súa vida despois da Guerra Civil.
O labor realizado por Mimina para levantar a Fábrica de Cerámica do Castro é esencial: da súa famila eran os terreos cedidos para a construción da mesma; dela son os primeiros deseños das porcelanas; e foi ela quen montou o taller de decoración: distintivo básico da casa.
 
 
 
Para ler a noticia completa:
http://praza.com/opinion/1428/obituario-de-mimina/

Precisamente esta triste noticia prodúcese  dous días antes da homenaxe a Isaac Díaz Pardo, no Día da Ciencia en galego (4 de novembro). Para saber algo máis deste persoeiro recomendamos o seguinte video:

  

12/4/13