Mostrando entradas con la etiqueta El Quijote. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta El Quijote. Mostrar todas las entradas

23/4/19

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril é o Día do Libro e no noso instituto celebrámolo cun acto moi especial:
Entregamos os premios aos dous gañadores do Concurso de Poesía:
Nerea Álvarez de 2º ESO A e Miguel Ángel Martínez de 3º ESO B
A súa compañeira Elena leu os dous poemas seleccionados.
A continuación podedes ler os poemas gañadores.

Poema de Nerea Álvarez                                                       2º ESO A

Unha noite escura e fría
chea de dor,
unha nena solitaria
busca cariño e amor,
metida nun recuncho
escoita a xente falar,
pero solo desprenden odio e rencor.
A nena volve a casa,
onde está a súa familia
que lle dan ese amor
                               que chega ao seu corazón.

Poema de Miguel Ángel Martínez                                   3º ESO B

Unha aldea case desaparecida
moi pequeña e oculta
no medio dunha cima,
chea de flores do máis extensa.

Nela hai catro vellos
que ven pasar o tempo
e viran morrer moitos
que xa foron para o cemiterio.

Pensan que lles queda tempo
aínda que chega o seu momento,
vendo os seus fermosos campos
e enchendo de beleza os ollos.

Esperan a chegada da xente nova
para que a aldea teña vida.
Pero os novos non chegan
                              e os vellos desesperan

Despois proxectamos os vídeos con fragmentos de "El Quijote"gravados polo alumnado de PMAR.