Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca Escolar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca Escolar. Mostrar todas las entradas

27/9/20

XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Xeografías lectoras na biblioteca escolar é o lema das Bibliotecas escolares para este curso.

O lema deste curso quere poñer o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa. Máis información no seguinte enlace das Bibliotecas escolares de Galicia.

8/10/19

BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA

Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía é o lema das Bibliotecas escolares para este curso.
O que se pretende con este lema e destacar as posibilidades que ofrece a biblioteca escolar ao conxunto da comunidade educativa.
A biblioteca debe facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento, o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación, a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria.
Información no blog das Bibliotecas escolares.

7/4/17

Excusión a Pontevedra

Unha pequena mostra  da excursión a Pontevedra: presentación da excursión na biblioteca do IES Pazo da Mercé, e xa en Pontevedra visita á Biblioteca Pública, ó Salón do Libro, á sala Castelao do Museo e roteiro por Pontevedra.
Máis información na  web do centro 





24/10/16

As nosas pegadas na biblioteca

Hai libros que deixan pegadas en nós e nós hoxe deixamos a nosa pegada neste libro creado especialmente par celebrar o Día Internacional da Biblioteca.

21/10/16

24 de outubro Día da Biblioteca

Por iniciativa da Asociación Española de Amigos del lIbro Infantil y Juvenil, desde 1997, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, celébrase o Día da Biblioteca, co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento á labor dos/as bilbiotecarios/as.
Este ano, as autoras selecionadas para a redacción do pregón e o deseño do cartel que se difunde foron as gañadoras do Premio Nacional 2015, Ledicia Costas e Elena Odriozola.

E agora a nosa proposta de actividades para 
o recreo do luns na biblioteca!