21/5/14

Visita á Casa Museo Emilia Pardo Bazán e ao Museo de Belas Artes

Dentro do programa "Donas de si" puidemos realizar una interesante visita á Casa Museo Emilia Pardo Bazán e ao Museo de Belas Artes de A Coruña.
 
Na Casa Museo Emilia Pardo Bazán  explicáronnos con  paixón os moitos motivos polos que esta muller se distingue no medio dos seus contemporáneos. A súa foi unha vida rica, aderezada de traballo e estudo, de participación e protagonismo na vida pública, profesional e persoal.
 
No Museo de Belas Artes tivemos una visita guiada pola exposición "As mulleres do museo"desde unha perspectiva non tradicional, vendo como foi representada a muller na arte a través do tempo. Tamén reflexionamos sobre a dificultade histórica que as mulleres tiveron á hora de acadar o status de artistas.
Agradecemos a tod@s  esta oportunidade xa que unha vez máis foi un percorrido polas vivencias de moitas mulleres que foron pioneiras no seu tempo e que deron  grandes pasos a prol da igualdade.
Seguro que repetiremos!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario