Mostrando entradas con la etiqueta recomendacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recomendacións. Mostrar todas las entradas

17/6/14

Libros para o verán

Nestes últimos días de curso, pásate pola nosa biblioteca para coller en préstamo os teus libros de lectura  preferidos para este verán. Tamén podes levar películas!!
 E se queres ler dende este blog, busca nas páxinas de interese (á dereita) e poderás entrar en varias bibliotecas virtuais e mesmo descargar libros. Tamén hai enlaces a documentais, películas e  xogos interactivos!!!
Anímate!!!
E se queres saber que recomendan noutros centros, pica aquí


2/2/14

2014, o ano de lecturas de libros escritos por mulleres

A organización americana Vida denunciou a enorme diferenza  e desequilibrio tanto na escolla dos libros como no tratamento que se lle da na prensa. Esta iniciativa apareceu no twitter e está a ter unha gran acollida.


 Dende a nosa biblioteca tamén nos sumaremos a esta gran iniciativa!
Cales son as túas escritoras preferidas?

16/5/13

O sentido dun final (Julian Barnes)




A nosa biblioteca chegou como novidade "O sentido dun final"  do escritor inglés Julian Barnes. 


O argumento de "O sentido dun final" condúcenos por boa parte da vida do seu narrador e protagonista, Tony Webster, en dous bloques bastante definidos; un primeiro máis amplo que fai un rápido repaso pola súa vida desde a época escolar, onde ocorren unha serie de feitos que serán básicos para a comprensión da obra –a aparición do atractivo Adrian Finn e como modela as  personalidades de todo o seu grupo de amigos e altera a súa vida, a universidade, as ansias de éxito social e intelectual, as súas distintas relacións amorosas até o seu matrimonio, paternidade, divorcio e solitaria e ordinaria madurez desde a que relata a historia.

Tony Webster, chega a xubilación, intenta manterse ocupado en diversas actividades, parece que a vida xa non lle vai procurar máis sorpresas, cando recibe unha carta na que se lle comunica que a nai da súa primeira noiva déixalle como herdanza cincocentas  libras, unha cantidade prácticamente insignificante, e un sobre cun caderno no seu interior, o diario de Adrian –que Verónica, a súa antiga noiva e posterior parella do seu amigo non quere facerlle chegar-  o que obrigará a Tony a voltar ao pasado para analizar, punto por punto, aquela relación que deixou atrás fai tanto tempo e no que non tódolos feitos estaban pechados.

O sentido dun final poderían ser moitas cousas, un home que axusta contas co seu pasado, unha xuventude pretenciosa que se prometía intensa e exitosa e que acaba –como a meirande parte delas- sumida nunha pracenteira e tediosa monotonía, unha análise sobre o pasado e os remorsos, os feitos que non quixemos ou non soubemos pechar no seu momento para poder pasar páxina, un reconto das renuncias que a vida nos obrigou a facer coas nosas propias contradiccións de mocidade, unha análise sobre o pasado e unha reconstrucción ideal –ou non- do mesmo e do que, pensamos. Preguntarnos canto do noso pasado, non é xa unha lembranza senon que o convertemos en ficción, ata que punto o tempo non transforma a nosa vida e recreamos un personaxe que se parece a nós e interéseanos identifcar con nós mesmos desde un punto de vista pouco  fiable, claro está.

A novela presenta un evocador exercicio de memoria, a reconstrucción dun pasado  cunha análise desacomplexado, a veces autocrítico pero relativamente  condescendiente, a través das distintas etapas da vida, marabillosamente apuntalados con pinceladas culturais –lecturas, a música sobre todo que vai variando acompañando as épocas do protagonsta- certa flema e fina ironía  británica –a sua dramática visita á familia da sua primeira novia ou as reclamaciones ao seguro-, de tal xeito que non é complicado empatizar cun narrador que asume a súa vida anodina con resignación e pensa na morte e na escasa importancia que ten a súa presencia no mundo nestes momentos (os distintos momentos nos que deixa claro que o seu obxetivo é non padecer alzheimer e deixarlle á súa filla a herdanza cando todavía precise dos cartos é máis que reveladora, do sentido que ten o seu final)

Quizais nalgúns intres a novela plantexa situacións tópicas e personaxes máis ben planos; un final relativamente melodramático, é certo, ainda que tan contundente e revelador que probablemente  che deixe o suficientemente trasposto como para non reparar no efectismo ata moito tiempo despois, cuando o poso da obra se asente satisfactoriamente na tua mente, porque o argumento serve de partida para a reflexión sobre os temas básicos de calquera vida, dende esa xuventude que non se recrea de xeito bastante amplo por casualidade senon como punto de partida para asumir os fracasos e desercións do que nun momento dado se asumía como indubidable e prácticamente innegociable –o futuro, a vida laboral, o amor, o sexo, a propia amizade…- .

O sentido dun final é unha novela lixeira en apariencia, só en apariencia, porque presenta unha sucinta e incómoda análise –para que imos negalo- do que representa a vida; da vida que pretendemos acadar cando somos novos, da vida que queremos e nos parece estar levando, e da vida que cremos ter vivido. Contada  cunha fluidez a xeito de sorriso pouco confortable –tan habitual en moitos autores da literatura galega- e cunha prosa elegante que vai guiando ao lector de xeito apacible pero, dalgún xeito, deixa un regusto amargo nas nosas propias existencias.

Independeintemente dos premio recibidos –o Man Booker, o premio máis prestixioso dentro das países da Commomwealth – estamos ante unha obra máis que suxerente que, en pouco máis de duascentas páxinas, nos dará temas de conversación para moito tempo.

Dirixido a aqueles que lles guste analizar as relacións interpersoais, a aqueles que se pregunten como as nosas accións no presente poden ter repercusións no futuro,  


Se che gustou este libro, pode que che interese "Arthur e George"  do mesmo autor, ou "Unha lectora fora do común" de Alan Bennet.