Mostrando entradas con la etiqueta Cómic. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cómic. Mostrar todas las entradas

28/1/16

30 de xaneiro, Día da Ilustración e do deseño nos libros


Coincidindo co 130 aniversario do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, celébrase o Día da Ilustración e do deseño nos libros e na lectura. Sen dúbida, en Galicia, non se entendería sen  a obra de Castelao, pois el foi un dos primeiros ilustradores, xunto con Maside,Blanco Amor, Cabanillas ou Manuel Torres.

Aquí tés algunhas "Cousas da vida" de Castelao.




Actualmente, en Galicia contamos con importantes ilustradores como Miguel Anxo Prado ou Kiko da Silva.

Máis información en "El origen del cómic gallego"
         
Exposición da obra de Castelao na biblioteca


7/1/15

Un día triste...

Moitos medios de comunicación de todo o mundo recollen a homenaxe de diferentes debuxantes ás vítimas do atentado terrorista  na sede do semanario satírico francés Charlie Hebdo
Podes ver aquí as viñetas .
Dende a nosa biblioteca tamén nos sumamos a este momento de dor e a este atentado contra a liberdade de expresión, reflexado nesta viñeta de David Pintor 

29/9/14

Os 50 anos de Mafalda

Hoxe Mafalda está de aniversario e recibiunos á porta da nosa biblioteca! Os nosos parabéns!

E sabedes que Mafalda tamén ten Facebook, Twitter e Instagram ?



 

18/2/14

Chega a maleta do cómic á nosa biblioteca

Miguelanxo Prado, premio Nacional do Cómic.

 
Para comezar podes dar una volta  pola biblioteca e visitar a sección de cómics e verás que hai bastante onde elexir. Os exemplares da maleta do cómic  tamén se poden coller en préstamo. Animate!!!
 
Mesmo podes pedir en préstamo algunhas películas baseadas en cómics, especialmente de Tintín.
 


E para coñecer a historia do cómic galego, non deixes de ver este video


 




6/2/14

Un cómic para a reflexión...

"Arrugas" película baseada na novela gráfica de Paco Roca, narra a historia de dous amigos recluíos nun xeriátrico. Foi gañadora de dous premios Goya e de varios recoñocementos internacionais.